jueves, 21 de agosto de 2008

Stalín e a loita pola reforma democrática. (2)


A Loita contra a Burocrácia.


37. Os líderes do Partido tamén estaban preocupados polo papel do Partido neste novo estádio do socialismo. Stalin enfrontou a loita contra o "burocratismo" xa desde xaneiro de 1934, no seu Informe ao XVIIº Congreso do Partido.(10) Stalin, Molotov e outros dirixentes denominaron o novo sistema eleitoral como "arma contra a burocratización".

38. Os líderes do Partido controlaban o governo, tanto decidindo quen entraba nos Soviets como exercendo diversas formas de fiscalización sobre eles. Molotov, dirixindo-se ao VIIº Congreso dos Soviets, o 6 de fevreiro de 1935, afirmou que as eleizóns secretas "golpearán con grande forza aos elementos burocráticos, propinando-lles un útil toque de atención". O informe de Yenukidze non recomendaba, nen indicaba, eleizóns secretas nen a ampliación dos direitos civís. (Stalin, Informe ao XVIIº Congreso do P.C.; Zhukov, Inoy 124)

39. Os ministros e os seus colaboradores tiñan que coñecer os asuntos dos que se encarregaban se querian ser eficaces na produción. Isto significaba educacion, e tamén coñecimentos técnicos no seu campo. Pero os líderes do Partido fixeron a miúdo as suas carreiras só através do ascenso polos escalóns do Partido. Non se precisaba moito coñecimento técnico para esa clase de ascenso. Máis ben eran necesários critérios políticos. Estes funcionários do Partido exerceron o controlo, ainda que lles faltaban os coñecimentos práticos que, teóricamente, lles facilitarian unha óptima supervisión. (Stalin-Howard Entrevista, Zhukov, Inoy, 305; Zhukov, "Represii" 6)

40. Isto era, aparentemente, o que a dirección de Stalin entendia por "burocratismo". Mália ser visto como algo perigoso -no que coincidian con todas as correntes marxistas- non o considerában inevitábel. Coidaron que podia ser derrotado modificando o papel do Partido nunha sociedade socialista.

41. O conceito de democrácia que Stalin e os seus seguidores na dirección do Partido desexaban aplicar na Unión Soviética incluia un cámbio cualitativo no papel do Partido Bolchevique no seo da sociedade.Os documentos postos a disposición dos investigadores permiten comprender que xa a finais da década dos 30, houbo intentos de separación entre o Partido e o Estado, e de limitar o papel do Partido na vida do país. (Zhukov, Tayny 8)

Stalin e os seus continuaron a loita contra a oposición doutros elementos no Partido Bolchevique, con resolución, ainda que con cada vez menos posibilidades de vitória, até a morte de Stalin en 1953. A decisión de Lavrentii Beria de continuar esta loita semella ser a auténtica causa da sua morte a man de Khruchev e os seus colaboradores, ben de forma xudicial, através dun proceso baseado en acusacións inventadas en decembro de 1953, ou ben -como moitas probas indican- mediante o simples asasinato, en xuño dese mesmo ano.

42. O Artigo 3 da Constitución de 1936 manifesta: "Na URSS todo o poder pertence aos traballadores da cidade e do campo, representado polos Soviets de Deputados Obreiros". O Partido Comunista menciona-se no Artigo 126 como "a avangarda da clase obreira na loita por reforzar e desenvolver o sistema socialista, é o núcleo dirixente de todas as organizacións de traballadores, tanto estatais como públicas". Noutras palavras, o Partido dirixia "organizacións", pero non os órgaos lexislativos ou executivos do Estado. (Constitución de 1936; Zhukov, Tayny 29-30)

43. Semella que Stalin coidou que, unha vez apartado o Partido do controlo directo sobre a sociedade, o seu papel debia limitar-se á axitación e á propaganda, e a participación na selección de cadros. Que significaria isto? Quizais algo como o seguinte:- O Partido regresaria a sua función esencial de gañar á xente para os ideais do comunismo.- Isto significaria a fin dos traballos cómodos, e o regreso ao estilo de traballo duro que caracterizou aos bolcheviques durante o zarismo, a Revolución, a Guerra Civil, o periodo da NEP e a non menos dura etapa dos planos de industrialización e colectivización. Era algo necesário para conseguir unha base real entre as masas. (Zhukov, KP Nov. 13 02; Mukhin, Ubiytvo)

44. Stalin insitia en que os comunistas tiñan que ser xente afeita ao traballo duro, cultos, capaces de facer unha contribución positiva á produción e á criazón da sociedade comunista. O mesmo Stalin foi un incansábel estudoso.(11)

45. Resumindo, as probas indican que Stalin consideraba o novo sistema eleitoral apropriado para cumprir os seguintes obxectivos:- Asegurar que a dirección da produción, e de toda a sociedade soviética, estiveran nas mans de xente técnicamente preparada.- Deter a dexeneración do Partido Bolchevique, e facer regresar aos militantes do Partido, especialmente aos seus líderes, ás suas función primárias: protagonizar o liderazgo no político e no moral, mediante o exemplo e a persuasión ao resto da sociedade.- Reforzar o traballo do Partido entre as masas.- Granxear o apoio dos cidadáns para o governo.- Criar as bases para unha sociedade sen clases e comunista.A Derrota de Stalin

46. Durante 1935, baixo o mandato de Andrei Vyshinski, Fiscal Xefe da URSS, moitos cidadáns que foran exilados, que foran encarcerados e -o fundamental para o noso estudo- foran privados do direito ao voto, recuperaron os seus direitos. Centenares de miles de antigos kulaks, granxeiros ricos que foran a diana da colectivización, e aqueles que foran encarcerados ou expulsados do país por opoñer-se á colectivización, foron liberados. Vyshinski critiou duramente ao NKVD (Comisariado Popular para Asuntos Internos) pola "enorme cantidade de erros e equivocacións" na deportación de case 12.000 peroas de Leningrado após o asasinato de Kirov en decembro de 1934. Declarou que en adiante o NKVD non poderia deter a ninguén sen autorización prévia do fiscal. A povoación con direito a voto medrou en centenares de miles de persoas que tiñan motivos para pensar que o Estado e o Partido foran inxustos con eles. (Thurston 6-9; Zhukov, KP Nov 14. 19 02 Zhukov, Inoy 187; Zhukov, "Represii" 7)

47. Orixinalmente, entre as intencións de Stalin para a nova Constitución non estaba a da participación de todas as forzas políticas. Declarou-no na sua entrevista con Roy Howard o 1 de marzo de 1936. No Pleno do Comité Central de xuño de 1937, Yakovlev -un dos membros do Comité Central que, xunto con Stalin, máis traballara no deseño da nova Constitución (Zhukov, Inoy 223)- afirmou que a idea de eleizóns abertas fora feita por Stalin. Esta suxestión atopou-se cunha ampla oposición por parte dos líderes rexionais do Partido, dos Primeiros Secretários, ou a "partitocrácia", como Zhukov os denominaba. Após a entrevista con Howard non houbo nen tan sequer un apoio nominal á declaración de Stalin sobre eleizóns abertas nos principais xornais, a maioria sob o controlo directo do Politburó. O Pravda publicou tan só un artigo, o 10 de marzo, e non mencionou o tema das eleizóns.

48. De todo isto, Zhukov deduce:"Isto só podia significar unha cousa. Non só o "amplo liderazgo" (os Primeiros Secretários rexionais) senón cando menos unha parte do aparello do Comité Central, non aceitaron as inovacións de Stalin, e non quixeron aprobar, nen sequer de xeito nominal, as eleizóns, un perigo para moitos que, como se deducia das palavras de Stalin que o Pravda subliñou, ameazaba a posición e o poder dos Primeiros Secretários, os Comités Centrais dos partidos comunistas das nacionalidades, e os comités rexionais de cidade e de áreas.” (Inoy, 211)

49. Os Primeiros Secretários mantiñan os cargos, sen poder ser expulsados en nengunha eleizón. O imenso poder do que gozaban procedia do controlo do Partido sobre cada un dos aparellos económicos e estatais: koljoses, fábricas, educación, exército... O novo sistema eleitoral privaria aos Primeiros Secretários da sua condición de delegados nos Soviets, e impediria que pudesen elexer delegados ao seu gosto. Unha derrota deles, ou dos seus "candidatos" (os candidatos do Partido) nas eleizóns aos Soviets seria un toque de atención sobre o seu labor. Un Secretário cuxos candidatos perdesen fronte aos candidatos non pertencentes ao Partido evidenciaria a sua feble ligazón coas masas. Durante as campañas, os candidatos opositores centrarian as suas críticas en temas centrais como a corrupción, o autoritarismo ou a incompeténcia dos candidatos do Partido. Os candidatos derrotados amosarian as suas feblezas como comunistas, o que conduciria probábelmente á sua remozón no posto. .(Zhukov KP Nov. 13 02; Inoy 226; cf. Getty, "Excesses" 122-3)

50. Os líderes vetaranos do Partido acumulaban moitos anos de militáncia, veteranos dos perigosos dias do tzarismo, da Revolución, da Guerra Civil e da colectivización, cando ser comunista conlevaba numerosos perigos e dificuldades. Moitos deles tiñan unha pobre formación académica. A diferenza de Stalin, Kirov ou Beria, a meirande parte deles ou non tiñan ganas ou non podian "refacer-se a si mesmos" através da auto-educación. (Mukhin, Ubiystvo 37; Dimitrov 33-4; Stalin, Zastol'nye 235-6)

51. Todos estes militantes eran desde sempre os defensores das políticas de Stalin. Foran os que levaran adiante a dura colectivización do campesiñado, na que centenares de miles foran deportados. Durante os anos 1932 e 1933 moita xente, quizais tres millóns de persoas, morreron ou de fame, unha fame orixinada por causas naturais e non humanas que fixo ainda máis dura a expropriación e a colectivización do cereal para o campesiñado, ou morreron nos levantamentos armados dos campesiños (que tamén causaron moitas vítimas entre os bolcheviques). Estes líderes do Partido estiveran ao mando da industrialización acelerada, que se deu nunha pobres condicións de vida (poucos alimentos, pésimas vivendas, paupérrimos coidados médicos, salários baixos, etc.).

52. Agora, cunhas eleizóns nas que podian participar aqueles que até ese momento estaban privados do direito ao voto por ter combatido as políticas soviéticas, era probábel que moitos militantes veteranos temeran que estes novos eleitores votasen contra os seus candidatos ou calquer outro candidato bolchevique. A derrota dos seus candidatos puña en perigo o poder e os priviléxios cos que contaban. (Zhukov, KP Nov. 13 02; 1936 Const., Ch. X; cf. Getty, "Excesses" 125, sobre a importáncia do sentimento relixioso no país)
Xuízos, Conspiracións, Represión.

53. Os planos para a nova Constitución e as eleizóns foran tratados polo Pleno do Comité Central de xuño de 1936. Os delegados aprobaron por unanimidade o borrador constitucional. Mais ninguén dixo nada a prol do mesmo. Este fracaso en dar cando menos un apoio ritual a unha proposta de Stalin indicaba certamente unha "oposición latente da dirección ampliada", unha "evidente falla de compromiso" (Zhukov, Inoy 232, 236; "Repressii" 10-11)

54. Durante o VIIIº Congreso dos Soviets de toda Rúsia, nos meses de novembro e decembro de 1936, Stalin e Molotov insitiron de novo na importáncia de ampliar o direito ao voto e dunhas eleizóns secretas e abertas. Na liña do espírito da entrevista de Stalin con Howard, Molotov realzou os efectos beneficiosos, para o Partido, de permitir candidatos non comunistas aos Soviets:"Este sistema... non pode facer outra cousas que golpear a quen se move no burocratismo, facilitando a promoción de novas forzas... ten-se que potenciar para mudar os elementos máis atrasados ou burocratizados. Sob esa nova forma de eleizóns, é posíbel a elizóns de elementos inimigos. Mais incluso este perigo, en última instáncia, ten que axudar-nos, xa que servirá de látego para aquelas organizacións que o precisen, e para os traballadores (do Partido) que ficaron durmidos." (Zhukov, "Repressii" 15)

55. O próprio Stalin foi máis aló:"Algúns din que isto é perigoso, xa que os elementos hostís ao poder soviético poderian chegar aos níveis máis altos, algúns dos antigos gardas brancos, kulaks, sacerdotes, etc. Mais, que hai que temer? Se tes medo dos lobos, non camiñes no bosque. Por unha banda, non todos os antigos kulaks, gardas brancos e curas son hostís ao poder soviético. Por outra, se o povo se decanta alí ou aquí por forzas hostís, isto significará que o noso traballo de axitación está pobremente organizado, e que merecemos esta desgraza.” (Zhukov, Inoy 293; Stalin, "Draft")

56. Novamente, os Secretários Primérios demostraron unha tácita hostilidade. O Pleno do Comité Central de decembro de 1936, cuxas sesións coincidiron coas do Congreso, reuniu-se o 4 de decembro. Pero non houbo nengunha discusión do primeiro ponto da orde do dia, o borrador da Constitución. O informe de Yezhov, "Sobre as organizacións antisoviéticas de direta e trotkistas" estaba moito máis perto das preocupacións dos membros do Comité Central. ("Fragmenty” 4-5; Zhukov, Inoy 310-11)

57. O 5 de decembro de 1936 o Congreso aprobou o borrador da nova Constitución, ainda que non houbo realmente discusión. Pola contra, os delegados (líderes do Partido) enfatizaron as ameazas dos inimigos exteriores e interiores. Máis que discursos de aprobación da Constitución, (tema principal sobre o que informou Stalin) os delegados Molotov, Zhdanov, Litvinov e Vyshinsky ignoraron virtualmente o tema da Constitución. Nomeou-se unha comisión para o posterior estudo do borrador constitucional, sen decidir nada sobre as eleizóns abertas. (Zhukov, Inoy 294; 298; 309)

58. A situación era efectivamente moi tensa. A vitória dos fascistas na Guerra Civil do Estado español era só cuestión de tempo. A Unión Soviética estaba arrodeada por poténcias hostís. Na segunda metade da década dos anos 30 absolutamente todos eses países eran reximes abertamente autoritários, militaristas, anticomunistas e antisoviéticos. En outubro de 1936, Finlándia disparou contra a fronteira soviética. Ese mesmo mes nace o eixo Berlín-Roma, entre Hitler e Mussolini. Un mes máis tarde, Xapón une as suas forzas á Alemaña nazi e á fascista Itália para formar o Pacto Anti-Komintern. Os esforzos soviéticos para formar alianzas militares contra a Alemaña nazi atopou o rexeitamento das capitais ocidentais. (Zhukov, Inoy 285-309)59. Na época na que o Congreso trataba a nova Constitución, tiveron lugar os dous principais xuízos de Moscova. Zinoviev e Kamenev foron xulgados xunto a outros en Agosto de 1936. O segundo xuízo, en xaneiro de 1937, afectaba a algúns dos principais seguidores de Trotsky, dirixidos por Yuri Piatakov, que até habia ben pouco fora o Comisário Delegado de Indústria Pesada. (12)

60. O Pleno do Comité Central de fevreiro-marzo de 1937 puxo de manifesto as contradicións dentro da dirección do Partido: a loita contra os inimigos internos, e a necesidade de preparar eleizóns abertas e secretas baixo a nova Constitución para finais de ano. O descobrimento paulatino de máis e máis grupos conspirando para derrocar o governo soviético demandou accións policiais. Pero a preparación de eleizóns auténticamente democráticas, e a mellora na democrácia interior do Partido (tema continuamente apoiado polos máis cercanos a Stalin dentro do Politburó) requeria precisamente o contrário: impulso á crítica e á autocrítica, eleizóns secretas dos líderes do Partido e rematar coa "cooptazón" por parte dos Primeiros Secretários.

61. Este Pleno, o máis longo na história da URSS, prolongou-se duas semanas. Mais nada disto soubemos até 1992, cando a voluminosa transcrición do Pleno comezou a publicar-se no Voprosy Istorri, publicación que se prolongou durante catro anos.

62. O informe de Yezhov para continuar as investigacións sobre as conspiracións no país foi ensombrado por Nikolai Bukharin, quen, através de elocuentes confesións de pasadas deslealdades, tentaba distanciar-se dos seus antigos aliados, asegurando o seu compromiso co governo soviético, mais que só lle valeu para se culpar el mesmo posteriormente. (Thurston, 40-42; Getty e Naumov confirman este ponto.563)

63. Tres dias despois, Zhadanov falou da necesidade dunha maior democrácia tanto no país como no Partido, invocando a loita contra a burocrácia e a necesidade de lazos máis fortes coas masas."O novo sistema eleitoral dará un poderoso impulso cara a mellora no traballo dos organismos soviéticos, a liquidación de institucións burocráticas, a eliminación de defectos burocráticos e a deformación no traballo das organizacións soviéticas. Eses defectos, como vosté sabe, son moi importantes. Os organismos do noso Partido deben estar preparados para a loita eleitoral. Nas eleizóns teremos que tratar coa axitación dos inimigos e con candidatos inimigos." (Zhukov, Inoy 343)

64. Non hai dúvida, como voceiro da dirección estalinista, previa contendas eleitorais con candidatos non pertencentes ao Partido e opostos aos procesos que se daban na Unión Soviética. Só este feito xa afunde as versións da Guerra Fria e as explicacións khruchevistas.

65. Zhdanov tamén recalcou durante longo tempo a necesidade de desenvolver normas democráticas dentro do mesmo partido bolchevique."Se queremos o respeito dos traballadores soviéticos e do Partido ás nosas leis, das masas á Constitución soviética, temos que garantir a renovación do Partido sobre a base do estabelecimento das bases da democrácia interna, como se reflicte nos regulamentos do noso Partido."Enumero a continuación as medidas esenciais, xa contidas no proxecto de resolución do seu informe: a eliminación da cooptazón, a proibición das votacións a man alzada; garantir o direito ilimitado dos membros do Partido a apartar aos candidatos eleitos e o direito ilimitado para criticar a estes candidatos". (Zhukov, Inoy 345)

66. O informe de Zhdanov afundiou-se, porén, entre as discusións doutros pontos da orde do dia, principalmente discusións sobre os "inimigos". Certo número de Primeiros Secretários respostaron alarmados que algúns dos candidatos que se preparaban ou se supuña que se preparaban para as eleizóns soviéticas eran contrários ao poder soviético: social-revolucionários, sacerdotes e outros "inimigos". (12)

67. Molotov replicou resaltando, máis unha vez, "o desenvolvimento e o reforzamento da autocrítica", opoñendo-se directamente á "busca de inimigos":"Non ten sentido buscar culpábeis, camaradas. Se queredes, todos somos culpábeis, comezando polos órgaos centrais do Partido e acabando polas organizacións de base". (Zhukov, Inoy 349)

68. Mais as posteriores intervencións ignoraron o seu informe, teimando na procura de "inimigos", na denúncia de "sabotadores", e a loita contra a "sabotaxe". Na seguinte intervención de Molotov, este asombrou-se da nula atención que despertou o fondo da sua intervención, que volveu repetir, após resumir o que se estaba facendo contra dos inimigos internos.

69. O discurso de Stalin do 3 de marzo volvia recalcar a necesidade de mellorar o traballo do Partido, suprimindo aos incapaces, buscando novos camaradas. Como o de Molotov, o discurso de Stalin foi virtualmente ignorado.Desde o comezo das discusións, os temores de Stalin foron comprensíbeis. Semellaba estar illado por unha parede xorda de incomprensión, de falla de vontade dos membros do Comité Central. que ouviron do informe tan só o que querian ouvir, e discutiron só o que querian discutir. Das 24 persoas que participaron nas discusións, 15 falaron principalmente sobre os "inimigos do povo", é dicer, os trotskistas. Falaron con convicción, con agresividade, como o fixeron tras os informes de Zhdavon e Molotov. Reduciron todos os problemas a un: a necesária busca de "inimigos". E ninguén retomou o principal ponto de Stalin, sobre o mal funcionamento do traballo nas organizacións do Partido e a preparación para as eleizóns do Soviet Supremo. (Zhukov, Inoy, 357)

70. Non aparece no artigo.

71. No seu discurso final do 5 de marzo, último dia do Pleno, Stalin minimizou a necesidade de atopar inimigos, incluso trotskistas, moitos dos cais, segundo afirmou, regresaran ao Partido. O seu ponto principal foi a necesidade de impedir aos funcionários do Partido dirixir todos e cada un dos aspectos económicos, combater a burocrácia e elevar o nível político. É dicer, Stalin apostou por elevar o nível de crítica aos Secretários. "Algúns camaradas pensan que sendo eles Comisários Populares, saben todo o que hai que saber. Coidan que o posto, por si mesmo, garante grandes e inacabábeis coñecimentos. Ou ben pensan: "se son un membro do Comité Central, non o son por accidente, xa que logo, significa que o sei todo". Iso non é así.” (Stalin, Zakliuchitel'noe; Zhukov, Inoy 360-1)

72. Algo que soaba ameazante para todos os dirixentes do Partido, incluíndo aos Primeiros Secretários, foi a afirmación de Stalin de que deberian elexer dous cadros para reemprazá-los namentres participaban no curso de educación politica que teria lugar durante seis meses. Esta substitución era perigosa para os Secretários do Partido, que temian que durante ese espazo de tempo fosen destinados a outros lugares, rachando deste xeito a estrutura do seu "clan" (outros dirixentes ao seu servizo), unha das primeiras causas da burocrácia. (Zhukov, Inoy 362)

73. Thurston define o discurso de Stalin como "notábelmente suave", defendendo "a necesidade de aprender das masas, e de emprestar atención ás críticas de abaixo". Incluso a resolución no informe de Stalin tocaba só superficialmente o tema dos "inimigos", trantando principalmente dos erros na organización do Partido e na sua dirección. Segundo Zhukov, que menciona esta resolución non publicada, nen un só dos seus 25 pontos estaba relacionada principalmente cos "inimigos". (Thurston, 48-9; Zhukov, Inoy 362-4)(14)

74. Após o Pleno, os Primeiros Secretários protagonizaron virtualmente unha rebelión. Primeiro Stalin, e despois o Politburó, emitiron mensaxes lembrando a necesidade de efectuar votacións secretas no seo do Partido, opor-se á conduta de cooptazón favorecendo as eleizóns, e a necesidade de xeralizar a democrácia interna no Partido. Os Primeiros Secretários continuaron a facer as cousas como antes, independentemente das resolucións do Pleno.

75. Nos meses posteriores, Stalin e os seus colaboradores máis achegados tentaron que a caza dos "inimigos" non fose a principal preocupación dos membros do Comité Central, insistindo na loita contra a burocrácia no Partido, e en preparar as eleizóns ao Soviet. Mentres "os líderes locais do Partido fixeron todo o que a disciplina do Partido lles permitia, e as veces un chisco máis, para suspender ou retrasar as eleizóns". (Getty, "Excesses" 126; Zhukov, Inoy 367-71)

76. O repentino descobrimento, en abril, maio e primeiros dias de xuño de 1937, do que aparentemente era un amplo compló militar e policial fixo medrar o pánico no governo de Stalin. Genrikh Yagoda, director da seguridade e Ministro de Interior, foi arrestado a finais de marzo de 1937, empezando a confesar en abril. En maio e princípios de 1937, militares de alto rango confesaron a sua conxura co alto mando alemán para derrotar ao Exército Vermello no caso dunha invasión por parte de Alemaña e dos seus aliados. Tamén confesou as suas relacións de natureza conspirativa con políticos, incluídos moitos que ocupaban posicións destacadas. (Getty, "Excesses" 115, 135; Thurston, 70, 90, 101-2; Genrikh IAgoda)(15)

77. Esta situación era moito máis séria que todas as anteriores. Durante os xuízos de Moscova de 1936 e 1937, o governo tomou-se o seu tempo para preparar os procesos e organizar uns xuízos públicos dotados da máxima publicidade. Pero esta conxura militar foi tratada de xeito moi diferente. Pouco máis de tres semanas pasaron desde a data de detención de Mikhail Tukhachevsky, finais de maio, até o xuízo e execución deste e doutros sete militares de alto rango os dias 11 e 12 de xuño. Durante este periodo, centenares de miles de mandos militares foron requeridos en Moscova para escoitar as probas contra os seus colegas -os seus superiores, para a meirande parte deles- e para escoitar as alarmantes análises de Stalin e do mariscal Voroshilov, Comisário do Povo para a Defensa, o militar de maior gradazón no país.

78. Nas datas do Pleno, fevreiro e marzo, nen Yagoda nen Tukhachevsky foran ainda arrestados. Stalin e o Politburó tiñan como obxectivo que a Constitución fose o principal ponto da axenda, colocando-se á defensiva ante o feito de que a maioria dos integrantes do Comité Central, ignorando este ponto, insistiran na batalla contra os "inimigos". O Politburó planexou que as reformas constitucionais forsen tamén o ponto esencial do seguinte pleno a celebrar en xuño de 1937. Pero a situación en xuño era moi diferente. O descobrimento de complós na dirección do NKVD e entre moitos destacados líderes militares para derrubar o governo e matar aos seus dirixentes, mudou totalmente o clima político.

79. Stalin puxo-se á defensiva. No seu discurso do 2 de xuño á sesión ampliada do Soviet do Exército (reunido do 1 ao 4 de xuño), descrebeu as recentemente descobertas conspiracións(16) como "limitadas", e tratadas cun grande éxito. Tamén no Pleno de fevreiro-marzo, el e os seus apoios no Politburó minimizaron as amplificadas preocupacións dos Primeiros Secretários sobre os "inimigos internos". Mais, como subliña Zhukov, a situación "lenta pero decisivamente ia escapando das suas mans (de Stalin)". (Stalin, "Vystuplenie"; Zhukov, Inoy Ch. 16, passim; 411)

80. O Pleno do Comité Central de xuño de 1937 (17) empezou coas propostas de reprobación, en primeiro lugar, de sete integrantes do Comité Central e candidatos por "falta de confianza política", e despois coas de 19 máis por "traición e actividades contrarrevolucionárias". Estes 19 foron arrestados polo MKVD. Outros dez membros máis do Comité Central foron expulsados por acusacións da mesma natureza.

81. Yakovlev e Molotov criticaron o fracaso dos dirixentes do Partido en organizar eleizóns independentes aos Soviets. Molotov defendou incluso a medida de apartar do camiño a revolucionários distinguidos de non estaren preparados para as tarefas do momento. Insistiu en que os dirixentes dos Soviets non eran "traballadores de segunda fila". Evidentemente, os dirixentes do Partido estaban a tratá-los dese modo.

No hay comentarios: