sábado, 27 de octubre de 2012



A propósito do artículo  Que é o nacionalismo?  Do Ateneu Proletario Galego.

M. Alonso

O compañeiro Silfrido N. asina este artigo no que afirma que non gosta de definierse como nacionalista pois non aclara nada, mesmo é como dicir clasista sem mais.
Mais adiante afirma: Esta é a chave. O nacionalismo é um conceito histórico, depende do carácter de classe que seja opressor ou liberador. Depende da situaçom concreta seremos ou nom nacionalistas. (….)
Por isso prefirimos na Galiza o termo independentismo. Ainda que nom hai dúvida que somos consecuentemente nacionalistas na forma e no fundo. Porque é na prática política e nom na semántica como se definem as/os revolucionárias/os. E porque é no contexto que a palavra se enche de conteúdo.
Aos espanholistas tamém lhes podemos chamar nacionalistas. Da mesma maneira que aos membros dum clube de golf mui “exclusivo”, podemos dizer que é classista. Classista burguês e nacionalista espanhol nestes exemplos.

Poido compartir parte dos seus argumentos, mais compre precisar que un comunista, en si mesmo, non pode ser nacionalista (na definición exclusivista do nacionalismo burgués) o que non quere dicir que non sexa patriota e defenda a súa lingua e a súa cultura e que loite na defensa da mesma, pero sempre dende unha posición de clase, de unha posición revolucionaria, porque non esquezamos que toda cultura ten unha pegada de clase (no senso marxista do termo, non no seu uso vulgar). Á vision proletaria, a vision internacionalista de clase é o que impide a un comunista non caer no vulgar chauvinismo burgués o pequenoburgués.
Os nacionalistas e independentistas veneran nos seu panteón familiar a Pondal ou a Vicente Risco, mesmo algúns ao Mariscal Pardo de Cela. Temos que actuar así os comunistas  para ser patriotas galegos?
Á  resposta é non.
Unha parte importante da nosa cultura ten que ser posta en cuestión, na medida que moitos valores da burguesía e pequena burguesía están presentes nela, pero iso sé compete a nós, aos galegos e galegas, facer esta critica e debate, sen inxerencias alleas.

Nós tamén coidamos necesario a creación dunha República galega, de ditadura do proletariado, e por suposto independente, pero non por isto definímonos como independentistas, definímonos como comunistas, revolucionarios, proletarios galegos e galegas consentes de facer parte da Revolución Proletaria Mundial.
O compañeiro Selfrido afirma:
“Um comunista galego que nom seja independentista é como um comunista sulafricano que nom fora anti-aparthait, um sem-sentido”
Como comunistas galegas somos nacionalistas e temos que ser independentistas, a nom ser que nom entendamos nada do mundo no que vívemos.

En aparencia pode parece correcto pero si estudamos ben estas afirmación indican unha incomprensión do programa comunista e sua aplicación practica a nosa patria:

·         A Galiza é unha nación oprimida nunha potencia imperialista pluri-nacional, desenvolvida do imperialismo, non un pais de terceiro mundo.  Un comunista loitara contra a opresión nacional pero non por unha independencia dirixida pola burguesía nacional, se non por medio dunha revolución, que tera o carácter da formación social na que se desenvolva, noso caso noso capitalista/imperialista, e polo mesmo unha revolución socialista é a única que garante a autodeterminación e soberanía do noso pobo.

·        Polo mesmo os comunistas somos revolucionarios, patriotas pero non nacionalistas e noso obxetivo é a revolución socialista e non a independencia dentro do sistema de explotación capitalista coma a que defende a burguesia nacionalista, como exemplo Catalunya ou Euskadi, que aspira a seu propio Estado para ter garantido seu mercado e marco exclusivo de explotación.

No pasado o MCI  tivo unha comprensión inexacta da importancia de constituír destacamentos comunistas nas nacións oprimidas, deixando nas mans dos partidos comunistas a nivel estatal burgués súa dirección. Así vemos na historia como un PC de Francia pretendeu dirixir ou mesmo opoñerse a liberación de Arxelia ou na Indochina ao  PC Indochino pretender unha indochina baixo o mando do Viet-nam.
No Estado español tan só en Catalunya coa constitución do PSUC no 1936 deronse pasos nese senso, mesmo co  seu recoñecemento pola mesma III Internacional Comunista.

Pular, hoxe por hoxe, pola construción dun poderoso destacamento comunista na Galiza, capaz de dirixir á revolución é a tarefa central dos comunista na Galiza, erguendo a consigna da Revolución Socialista, verdadeiro camino de liberación do noso pobo.

No hay comentarios: