Prezados compañeiros e compañeiras,

Queremos facer chegar, a toda a militancia da vosa organización, un convite para o Ciclo de Conferencias co historiador norteamericano Grover Furr, baixo o título "A falsificación histórica contra o Movemento Comunista Internacional", que temos programado para desenvolver en Compostela e Ferrol, o 22 e 23 de Maio, respectivamente.

Gorver Furr é profesor na Montclair State University (Nova Jersey).
Nas conferencias estará dispoñíbel a edición galega do seu libro  "As mentiras de Khrushchev".
O seu dominio do ruso permitiulle o estudo en primeira persoa da documentación dos arquivos soviéticos.
As conclusións deste libro, resultados de dez anos de traballo, non deixarán indiferente a ninguén.

22 de maio: Compostela. Galería Sargadelos, 19:00 horas.
23 de maio: Ferrol. Escola Oficial de Idiomas, 19:30 horas.

Os actos darán comezo con extrema puntualidade, para que, ao remate, o autor poda efectuar sinatura de exemplares do seu libro.

Confiamos en que a temática das conferencias sexa considerada de especial interese por parte da vosa organización, e que vos animedes a participar no debate que se poda xerar após da intervención principal do poñente.

Att. Colectivo marxista-leninista FORXA!