miércoles, 3 de diciembre de 2014

GALIZA: Exitosa gira das camaradas do Movemento Feminista Proletario Revolucionario.


correovermello-noticias
A Coruña, 2.12.14
Unha delegación de camaradas do MFPR da Italia, ten visitado o noso país, a finais do pasado mes de novembro, invitadas polo Movemento de Loita Popular. A mesma participou na columna da Coruña na Marcha da Dignidade a mañan do dia 29 de novembro, en Compostela, podendo ver o nivel de combatividade do noso pobo contra as medidas opresoras do goberno reaccionario do PP.
Pola tarde-noite diron unha charla-coloquio no CS Gomes Gaioso, na Coruña, coa asistencia dunha veintena de compañeiras e compañeiros que escoitaron atentamente o discurso das compañeiras que evidencio a semellante realidade e problemas das mulleres da Italia e da Galiza. Un animado e enriquecedor debate pechou a charla.
Na cidade de Vigo, coa colabouración dos camaradas do Ateneo Proletario Galego tivo lugar no Centro social "A Revolta" outra charla coa que pechouse a exitosa gira das camaradas do MFPR.

Imaxes de diversos momentos da visita da delegación do MFPR da Italia.







No hay comentarios: